Somos Vía Sete

Vía Sete é un coro de música rock, pop, jazz e demais cousas que nos gustan. Estamos entre as plataformas 6 e 8 da estación de trens de Pontevedra, ó carón do Local de Música. Podemos dicir que somos o coro residente do Local!

Teatro Principal de Pontevedra

Vía Sete naceu en 2014 a partir dun grupo de xente que se reuniu na actividade de coro de Noites Abertas e que quixo seguir cantando. Así ós poucos agora somos un grupo de 25 persoas que segue medrando. E somos multidisciplinares. Temos en nómina arquitectas, youtubers, perruqueiros, tradutoras, modelos, músicos…

IMG_1025

O repertorio do coro componse (de momento) de versións de temas rock e pop, ou incluso algún tema deses que marcan a unha xeración, e que polo camiño xa puidemos saír a tocar e saír na tele, no programa da TVG Oh Happy Day. Os arranxos están feitos por Lucas Rei.

TVG

Pásate por aquí para vernos.

Advertisements